PROCURA NA WEB
  • Candidatura: 0177_IMPACT_RIS3T_1_E
  • Acrónimo: IMPACT_RIS3T
  • Título: Implementación de accións de cooperación transfronteiriza RIS3 na Eurorrexión
  • Área de cooperación: 1. Galicia – Norte de Portugal
  • Eixo: Mellora da capacidade institucional e a eficiencia da administración pública a través da cooperación transfronteiriza
  • Duración: Outubro 2015-Decembro 2019
  • Custo total do proxecto (indicativo): 1.182.126,09€
  • Achega FEDER (total aprobado): 886.594,57€ (cofinanciación do 75%)

A Comisión Europea solicitou ás autoridades nacionais e rexionais a preparación de Estratexias de Especialización Intelixente (RIS3), que permitan unha maior eficacia na utilización dos Fondos Estruturais.

Partindo deste contexto, Galicia e a Rexión Norte de Portugal uniron os seus esforzos para deseñar de forma conxunta unha Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza (RIS3T).

O proxecto 0177_IMPACT_RIS3T_1_E está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Obxectivo do proxecto

O obxectivo perseguido polo proxecto IMPACT_RIS3T é a implementación do catálogo de accións previstas na citada RIS3T, baixo o convencemento de que a realización das iniciativas propostas potenciará as capacidades das entidades participantes no proxecto, aproveitando sinerxías da Eurorrexión e optimizando recursos públicos.

Resultados

O deseño da Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal (RIS3T) foi un elemento claramente innovador, pois foi a primeira RIS3 transfronteiriza. Os esforzos da RIS3T concentraranse en seis (6) ámbitos temáticos que se considera que contan cun maior grado de potencialidade para acoller actuacións de innovación.

Como resultado da implementación da RIS3T, aliñaranse as políticas de apoio á innovación na Eurorrexión, e poranse en marcha proxectos coordinados capaces de competir con éxito na captación de fondos procedentes do Programa Horizonte 2020. En conxunto, a RIS3T aspira a mobilizar 360 millóns de euros en proxectos de innovación ata o 2020.

 

pe