PROCURA NA WEB

INTRODUCIÓN

Dende este ano 2019, Galicia está a abordar a avaliación intermedia da súa Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3 Galicia). Esta avaliación, enmarcada e deseñada na propia Estratexia, analizará como se adaptou o marco estratéxico orixinalmente definido aos cambios sociais e económicos ocorridos nos últimos anos e buscará melloras que optimicen a consecución dos obxectivos da economía galega.
Este proceso, liderado desde a Axencia Galega de Innovación (GAIN) pero no que participarán todas as Consellerías da Xunta, así como os axentes do ecosistema galego de innovación e expertos nacionais e internacionais, é clave para a consecución dos Retos e prioridades da Estratexia ata 2020 e sentará as bases para a definición da Estratexia de Especialización Intelixente para o seguinte período.

OBXECTIVOS DO PROCESO

Os obxectivos desta Avaliación intermedia son:

  1. Medir o grao en que os obxectivos fixados na Estratexia RIS3 de Galicia
  2. Detectar melloras no contexto actual desde a achega ao proceso dos axentes do ecosistema galego de innovación e expertos nacionais e internacionais
  3. Sentar as bases da definición da Estratexia de Especialización Intelixente para o seguinte período financeiro e adecuar e deseñar os novos instrumentos que constituirán os marcos de financiamento da I+D+I para o período 2021-2027

METODOLOXÍA

Este proceso abórdase dende unha filosofía participativa na cal se integra unha análise cuantitativa e unha cualitativa da situación en base ás achegas dos axentes do ecosistema galego de innovación e expertos nacionais e internacionais.
A análise dunha serie de indicadores cuantitativos que integran o Cadro de mando da RIS3 Galicia e o desenvolvemento dun Plan de participación, centrado na visión cualitativa, son os dous alicerces da Avaliación intermedia da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia.
O Plan de participación articúlase ao redor de varios elementos orientados o desenvolvemento dunha avaliación exhaustiva da Estratexia de Especialización Intelixente tendo en conta a percepción de todos os axentes do Sistema Galego de Innovación:

  • Cuestionarios a beneficiarios de axudas de I+D+i, axentes do ecosistema galego de innovación e a sociedade en xeral.
  • Talleres temáticos para cada Reto da Estratexia de Especialización Intelixente cos diferentes axentes do ecosistema galego de innovación
  • Participación de expertos nacionais e internacionais na materia

 

TALLERES DE TRABALLO