PROCURA NA WEB

- Descarga aquí o resumo executivo

- Documento completo:

- DOCUMENTO EN GALEGO

- DOCUMENTO EN PORTUGUÉS

- DOCUMENTO EN INGLÉS

A Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (RIS3T), a primeira RIS transfronteiriza da UE. Esta ferramenta permitirá xerar crecemento económico, emprego de calidade e benestar social impulsando conxuntamente fortalezas e retos comúns.

Así, a RIS3T ten como obxectivo dinamizar a participación da Eurorrexión nas convocatorias europeas de cooperación interterritorial. En concreto, na convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) teranse en conta as prioridades de innovación recollidas na RIS3T como criterios na selección de proxectos. Tamén constituirá o marco para poñer en marcha accións e proxectos coordinados capaces de competir con maior éxito na captación de financiamento procedente do Programa Horizonte 2020. En conxunto, a RIS3T aspira a mobilizar 360 millóns de euros en proxectos de innovación da Eurorrexión até 2020.

Os retos comúns identificados neste documento son seis: o aproveitamento da enerxía procedente da biomasa e do mar; potenciar a competitividade das industrias agroalimentaria e biotecnolóxica; industria 4.0; competitividade das industrias de mobilidade;modernización das industrias turísticas e creativas, tamén mediante as TIC; e solucións avanzadas para a vida saudable e envellecemento activo.

A elaboración desta estratexia estivo coordinada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDRN) e nela participaron máis de 200 empresas e centros de coñecemento de ambas rexións.