Plataforma Europea de Especialización Intelixente en Enerxía
A Comisión Europea vén de lanzar a Plataforma Europea de Especialización Intelixente en Enerxía, un proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana (DG REGIO), a Dirección Xeral de Enerxía (DG ENER) e o Centro Común de Investigación (JRC nas súas siglas en inglés) e inspirado na Plataforma S3.
O seu obxectivo é axudar ás rexións e aos Estados membros a utilizar o financiamento da política de cohesión de xeito máis eficaz para fomentar a enerxía sostible, a compartir os seus coñecementos en inversións en enerxía sostible e na expansión de tecnoloxías hipocarbónicas innovadoras.
Tamén se pretende que sirva para aliñar mellor as actividades de innovación no ámbito da enerxía a escala nacional, rexional e local, a fin de crear unha axenda estratéxica conxunta sobre prioridades en materia de enerxía.
Podes obter máis información sobre esta plataforma no seguinte enlace.
Fonte: FECYT e CE