Análise dos mecanismos de seguimento das RIS3
A Comisión Europea fixo especial énfase en orientar os fondos de cohesión do periodo 2014-2020 a unha aproximación máis baseada nos resultados. Neste senso, os mecanismos de monitorización das Estratexias de Especialización Intelixente de cada rexión cobran especial interese, na medida en que serven para facer un seguimento do cumprimento dos obxectivos destas estratexias.
O Instituto de Estudos de Prospectiva Tecnolóxica (IPTS, nas súas siglas en inglés) vén de publicar un informe sobre os sistemas de seguimento das estratexias de I+D+i para a Especialización Intelixente (RIS3), baixo o título “Monitoring Mechanisms for Smart Specialization Strategies”. Nel explicanse as principais funcións destes mecanismos de seguimento, así como se fan unha serie de recomendacións para a construción dun mecanismo de monitorización das RIS3.
Fonte: FECYT