Interesante documento sobre especialización intelixente: Smart Specialisation. Opportunities and Challenges for Regional Innovation Policy
A Plataforma S3 inclúe na súa sección de Documentos unha reseña do libro Smart Specialisation. Opportunities and Challenges for Regional Innovation Policy, autoría de Dominique Foray e editado por Routledge. Segundo Carlo Gianelle, membro da Plataforma S3 e encargado da reseña crítica da obra, trátase dun documento moi interesante para os profesionais da especialización intelixente e para toda persoa interesada en entender mellor como as políticas de especialización intelixente condicionarán o horizonte económico de Europa na presente década e nos anos vindeiros.
Nela abórdanse aspectos como que é exactamente a Especialización Intelixente, como se trasladou o esbozo dun concepto académico a un conxunto preciso de directrices políticas e como poden os responsables políticos deseñar e implementar estas estratexias co fin de mellorar a competitividade económica e o benestar da comunidade a través do investimento en I+D.
Fonte: Plataforma S3