Pechado o programa do I Foro Anual RIS3 Galicia-Norte de Portugal do vindeiro venres 7 en Baiona
Xa está confirmado o programa definitivo do I Foro Anual RIS3 de Galicia e Norte de Portugal no que se presentará o proceso participativo de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 conxunta para a Eurorrexión e ao que asistirán máis de 180 axentes do sistema de innovación de Galicia e da rexión Norte de Portugal.
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o presidente da Comissao de Coordinaçao e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDRN), Emidio Gomes, serán os encargados de inaugurar o encontro. Posteriormente, presentaranse o marco de cooperación e financiamento desta cooperación transfronteiriza no ámbito da innovación, a cargo dun representante da Unidade de Cooperaçao Transfronteiriça do CCDRN e do subdirector xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza da Xunta de Galicia respectivamente.
A continuación, un representante da Plataforma S3 da Comisión Europea e o presidente da Agência Nacional de Inovaçao de Portugal falarán sobre as oportunidades de cooperación efectiva en innovación a través dunha RIS3 conxunta para a Eurorrexión e Manuel Varela, director de GAIN, e o director dos Serviços de Desenvolvimento Regional do CCDRN exporán os pasos dados na elaboración desa RIS3 conxunta.
Si desea acceder al programa, puede consultarlo en el siguiente enlace.
Bom dia
Pode indicar-me o local do evento I Foro Anual RIS3 de Galicia y Norte de Portugal
Gracias
Jose
O I Foro Anual RIS3 Galicia- Rexión Norte se celebrará no Parador de Baiona.
Saúdos