Tecnoloxía, I+D e PEMEs: obxectivos prioritarios dos fondos FEDER para o periodo 2014-2020
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse onte co comisario europeo de Política Rexional, Johannes Hahn, a quen tivo oportunidade de presentarlle as principais claves do Programa Operativo FEDER que elaborou a Xunta para o novo periodo 2014-2020. Núñez Feijóo destacou que o 60% destes fondos irán destinados a acadar un triple obxectivo: investimento en tecnoloxías, investimento en innovación e investigación e apoio á pequena e mediana empresa.
Así mesmo, o presidente da Xunta agradeceu ao comisario a súa colaboración na consecución de fondos estruturais para Galicia no periodo 2014-2020, que conseguiu manter un 80% dos fondos que viña xestionando a pesar de acadar a consideración de “rexión desenvolvida”, e que calcula en máis de 4.000 millóns de euros de fondos europeos (entre Fondos estruturais, Fondos agrarios e Fondos pesqueiros).
Fonte: Xunta de Galicia