Unha ferramenta interactiva para identificar rexións coas mesmas características estruturais
A Plataforma S3, en colaboración con Orkestra – Instituto Vasco de Competitividade, desenvolveron unha ferramenta interactiva para axudar á identificación de rexións de referencia co fin de detectar oportunidades para aprender de estratexias e transferir prácticas de rexións con características estruturais similares no deseño das Estratexias de Especialización Intelixente propias.
O feito de mirar cara rexións cunhas características estruturais similares en termos sociais, económicos, tecnolóxicos, institucionais e xeográficos facilita comprender que políticas e prácticas poden ser efectivamente transferidas e que efectos poden ter nunha rexión similar.
Con tan só introducir o nome dunha rexión, a aplicación xenera unha unha lista de rexións en orde descendente -dende as máis similares até as menos similares- a esa rexión predeterminada.
En xeral, é probable que moitas das rexións máis similares pertenzan ao mesmo país, xa que comparten as mesmas institucións e valores culturais similares. No caso de Galicia, as rexións máis próximas son Castela e León e Cerdeña (Italia).
Para acceder á ferramenta podes facelo no seguinte enlace.